

Como dixemos, íamos por orde de idades; agora tócalle aos nenos e nenas de tres anos. Elixiron os animais de Tuvalu e escolleron entre a tartaruga e o taibeirón. A súa forma de votar, como comprenderedes non foi a mesma que a da primaria e E.S.O. Eles puxeron no que querían ser as súas fotografías. Despois da larga votación son as tartarugas.
Sen emgargo, os nenos de catro anos votaron entre as xirafas e os elefantes. Puxeron dúas,fotos unha da xirafa e outra do elefante e debaixo puxeron os seus nomes.Deses dous animais de Etiopía elixiron as xirafas.
Por fin chegamos ata cinco anos onde se debatían entre o koala e o canguro australianos e a serpe mexicana. Escribiron cada un nun papel o que querían ser. Despois escolleron dous compañeiros para mirar a furma e outros tacharon no papel. Non tiñan nada que envexar ás do goberno. Como non todos viñeron, tivéronos que chamar e votaron por teléfono. Aínda contando coas facilidades que tiñan, tiveron un voto en branco. Contaron os votos (gañou o canguro con 12 puntos), quedou no medio a serpe con oito puntos e, por último, o koala con cinco.
Agora xa sabedes que somos cada aula e xa podedes disfrazarvos. Que elixides?