12/21/2007

RECOLLIDA DE ÁRBORES DE NADAL


Dende familias do centro chega a proposta de recoller das familias as árbores de Nadal que teñades e plantalas.


Todos os que esteades interesados podedes achegar a árbore o mesmo día de inicio das clases, 8 de xaneiro, ou preguntar aos titores sobre este tema.


BO NADAL E FELIZ ANO!!!!!!!!!

11/23/2007

QUE É CADA AULA?

Cada aula ten unha temática, este ano son:
  • 2 ANOS: Aínda dubidan entre maceira e laranxeira, pero serán unha árbore. Dependendo do que escollan os de 3 anos, serán unha cousa ou outra.
  • 3 ANOS: Aínda dubidan entre maceira e laranxeira.
  • 4 ANOS: Aínda non o teñen decidido.
  • 5 ANOS: Carballo ou cerdeira.
  • 1º E.P.O. : O mar.
  • 2º E.P.O. : As nubes.
  • 3º E.P.O. : Residuos orgánicos. O nome da aula é Tragorganic Bracislarguis Zampacacas.
  • 4º E.P.O. : Residuos inorgánicos.
  • 5º E.P.O. : Transportes aéreos.
  • 6º E.P.O. : O escarabello.
  • 1º E.S.O. : A enerxía hidráulica.
  • 2º E.S.O. : Responsabilidades políticas.
  • 3º E.S.O. : A enerxía nuclear.

10/26/2007

PÁXINA CAMBIO CLIMÁTICO

Andaina fixo unha páxina que se chama http://www.cambioclimatico.andaina.com/.

Podédela atopar no recanto pais e nais da páxina do colexio. Trata sobre o cambio climático e as súas consecuencias e como podemos facer para evitalo.


O CAMBIO NAS VOTACIÓNS


Este ano por primeira vez, o que imos ser no proxecto "Que Somos" o ano que ven vótase despois de Semana Santa .


O colexio vai crecendo coa secundaria; cada ano temos un curso máis.


Con esta nova forma de elección favorecemos que se inclúa máis facilmente o proxecto "Que Somos" na programación de asignaturas.

POR QUE ESTE ANO NON HAI VOTACIÓN


Como xa sabedes este ano no hai votación porque:

en todos os proxectos "que somos" da historia do cole nunca saiu o cambio climático,

e ademais ten moito que ver co que esta a pasar no mundo:

coa variación das temperaturas, a desconxelación dos polos...

Entón os profes escolleron este tema para traballalo neste curso.

A IMPORTANCIA DO CAMBIO CLIMÁTICO

O Cambio climático é a consecuencia da contaminación de refinerias e tranportes, etc...

Fai que se disminuia a capa de Ozono, é moi importante porque se están derritindo os polos.


Tamén morren moitos animais. Cada século que vai pasando vai facendo máis calor,co cambio climático aumentan as catastrofes naturais como por exemplo: os furacáns, as inundacións, etc...

3/06/2007

FESTA DE ENTROIDO DE INFANTIL

O venres 16 as 10:00 da maña tivemos ocasión de asistir a festa dos nenos e nenas da etapa de infantil. Este ano co proxecto dos países do mundo eles decidiron ser os animais do mundo e relacionaron cada animal de cada aula cun pais das aulas dos maiores.

En concreto os nenos de 2 anos son as bolboretas do Brasil, os de 3 anos as tartarugas de Tuvalú, os de 4 anos as xirafas de Etiopía e os de 5 anos os canguros de Australia.

A festa estivo guiada polo galo Valentín que nunca estivera nun Entroido e nunca se disfrazara co que decidiu irse de viaxe polo mundo visitando os países que somos e nesa viaxe atopouse cos animais das aulas de infantil. Estes animais ao longo da festa lle ían regalando unha cousiña para o seu disfrace: as bolboretas lle agasallaron cunhas alas moi fermosas, as tartarugas cunha cuncha moi dura, as xirafas cunhas manchiñas de cores e os canguros cun rabo.

Ademais destes agasallos cada aula preparou a súa canción relacionada co animal que eran e a cantaron e representaron moi ben.

Ao finalizar a festa todos bailamos xuntos cancións de Entroido e comemos rosquillas e orellas.


3/05/2007

FESTA DE ENTROIDO EN ETAPA PRIMARIA




Todo comezou coas presentacións de catro holandeses. En primeiro lugar presentáronnos a Italia que nos deleitou cun video do máis divertido.

A continuación chegou Etiopía que fixo unhas adiviñas sobre os países aos que pertence cada clase.
Tuvalú protagonizou unha historia con teatro de sombras que nos paralizou coa súa orixinalidade.
En Australia vimos de todo dende bailes ata representacións teatrais que deixou a todo o público asombrado.

Chegou México cos seus mariachis e as súas rancheiras, deixando picante ao público cos manxares típicos.

Para remediar iso Brasil ensinounos uns videos cos problemas Amazónicos. Xapón chega e con el o teatro bugaku. Un musical sobre a maldade das guerras.

Por fin chegou a comilona, coa comida e bebida de todos os anos.

2/26/2007

ACTIVIDADES EN EDUCACIÓN INFANTIL


OBRADOIRO DE DISFRACES:
Os obradoiros de elaboración de disfraces están pensados como actividades
de colaboración coas familias, nas que pais-nais e fillos teñen a
posibilidade de vir o cole e facer os disfraces dos nenos/as da aula dun
xeito cooperativo, no que compartimos o cole e as familias un traballo tan
significativo para os nenos/as comos son os seus disfraces.

OBRADOIRO DE RECEITAS:
Dende as aulas, traballanse distintos obxectivos do Entroido como festa
tradicional en Galicia, e un dos obxectivos son as receitas, ademais son
actividades moi motivadoras e significativas para os nenos/as pois traballas en
equipo, tendo en conta os pasos da receita, os ingredientes, as cantidades e
medidas, lectoescritura etc. Por suposto!s como última fase a degustación,
que sempre as cousas feitas por un mesmo saben moito mellor.

ENCONTRO DE CHOQUEIROS:
Unha das costumes do Entroido son os disfraces dos choqueiros, para achegarnos e familiarizarnos coas tradicións xa dende as idades máis pequenas e propiciar momentos de encontro con outras idades (máis maiores e máis pequenos) onde os neons/as poidan aprender a convivir e compartir estos momentos.

ENCONTRO DE DISFRACES DE CASA:
Este encontro faise a volta das vacacions de entroido, asi os nenos e nenas
poden despedirse no cole da festa de entroido cos disfraces que usaron ese
ano, trátase de facer un último encontro todos/as as de infantil. Deste encontro é a foto que adxuntamos.

DECORACIÓN XERAL DA FESTA DE ENTROIDO:


Todos os anos, os pais, os profesores e os alumnos xúntanse unha tarde para decorar o centro, de acordo coa temática "Que Somos", e pensando no día da festa. O centro convértese así en... nos países do mundo e os seus animais!!! (este ano).

2/14/2007

LIBRO GRANDE

Seguindo a temática anual do centro cada aula elabora unha páxina do que chamamos “Libro grande”. Este curso en cada unha das páxinas do libro daremos información sobre un país ou das diferentes especies de animais que os habitan.

En breve agardamos poder subir algunha imaxe para que os que non teñades a oportunidade de visitarnos poidades compartir con nós o grande libro de "O Que Somos".

FESTA DOS CHOQUEIROS


Como cada ano, abrimos a celebración do Entroido no noso Centro coa popular festa de choqueiros. É esta unha festa tradicional consistente en ataviarse con roupa vella ou desigualmente combinada de maneira que o noso aspecto quede ridículo ou extravagante. Consiste en rirse primeiro dun mesmo e logo cos demais.

2/05/2007

CRONOGRAMA


Este é o cronograma de actividades de Entroido. Pincha enriba ou descarga a imaxe para velo con máis detalle.

1/23/2007

LOLAILO - CANCIÓNS EN INFANTIL

¿Queredes saber que canción fan os de infantil?

A idea da actividade xurde para dar máis forza ao "proxecto que somos", que os nenos e nenas se identifiquen máis.

As elaboracións fixéronas as mestras e os mestres tendo en conta as diferentes idades. Para os nenos/as máis pequenos son cancións mais curtas e máis pegadizas e vanse complicando canto máis idade teña o neno/a. Tamén para facer a canción teñen en conta o tema da aula.

Para ser animais en vez de países baseáronse en dous puntos:

- Facer unha diferenza entre EPO+ESO e Infantil, necesaria pola idade.
- En infantil os países non son algo significativo porque non son capaces de ubicarse espacialmente e ese nivel.

Nas ulas de 4 e 5 anos tamén se profundize no lugar onde viven os animais.

PANEIS DE AULA

Unha vez que tódalas aulas teñen cadansúa identidade, fan un panel para que o resto do centro poda identificalos facilmente. No panel representan algo característico do seu país (no caso das aulas dende 1º EPO a 2º ESO) ou do seu animal (no caso das aulas de infantil). Os máis pequenos poñen tamén unha foto de cada neno/a.

A continuación tedes os paneis das aulas de México, as Tartarugas e Tuvalú.