11/10/2006

VOTACIÓN EN INFANTIL, XA ESTAMOS TODOS/AS!!!

Fixemos unha investigacion de como foran as votacións en infantil, ¿queredes saber os resultados? E como os nenos fixeron para chegar a ese resultado? Ben, comenzaremos con dous anos e acabaremos en cinco...

Os nenos e nenas de dous anos non fixeron a votación porque son demasiado pequenos. Aínda que non escolleron son as volvoretas do Brasil.


Como dixemos, íamos por orde de idades; agora tócalle aos nenos e nenas de tres anos. Elixiron os animais de Tuvalu e escolleron entre a tartaruga e o taibeirón. A súa forma de votar, como comprenderedes non foi a mesma que a da primaria e E.S.O. Eles puxeron no que querían ser as súas fotografías. Despois da larga votación son as tartarugas.

Sen emgargo, os nenos de catro anos votaron entre as xirafas e os elefantes. Puxeron dúas,fotos unha da xirafa e outra do elefante e debaixo puxeron os seus nomes.Deses dous animais de Etiopía elixiron as xirafas.

Por fin chegamos ata cinco anos onde se debatían entre o koala e o canguro australianos e a serpe mexicana. Escribiron cada un nun papel o que querían ser. Despois escolleron dous compañeiros para mirar a furma e outros tacharon no papel. Non tiñan nada que envexar ás do goberno. Como non todos viñeron, tivéronos que chamar e votaron por teléfono. Aínda contando coas facilidades que tiñan, tiveron un voto en branco. Contaron os votos (gañou o canguro con 12 puntos), quedou no medio a serpe con oito puntos e, por último, o koala con cinco.

Agora xa sabedes que somos cada aula e xa podedes disfrazarvos. Que elixides?

11/03/2006

DESPEDIMOS A CIENCIA FICCIÓN EN INFANTIL


Os amigos e amigas de infantil xuntáronse para despedir a temática ``ciencia ficción´´ facendo unha representacion axudados dun meteorito e unha nave espacial. ATA LOGO ROBOTS, NAVES, EXTRATERRESTES, CIENTÍFICOS, FUTURAMA, REGRESO AO FUTURO, 20.000 LEGOAS DE VIAXE SUBMARIÑA, ETC...

Para presentar a nova temática ``países do mundo´´ fixeron unhas bandeiras e dixeron OLA nos respectivos idiomas e, para finalizar, contaron un conto dunha nena africana. BENVIDOS ANIMAIS DO MUNDO, BRASIL, MÉXICO, TUVALÚ, ITALIA, XAPÓN...