2/26/2007

ACTIVIDADES EN EDUCACIÓN INFANTIL


OBRADOIRO DE DISFRACES:
Os obradoiros de elaboración de disfraces están pensados como actividades
de colaboración coas familias, nas que pais-nais e fillos teñen a
posibilidade de vir o cole e facer os disfraces dos nenos/as da aula dun
xeito cooperativo, no que compartimos o cole e as familias un traballo tan
significativo para os nenos/as comos son os seus disfraces.

OBRADOIRO DE RECEITAS:
Dende as aulas, traballanse distintos obxectivos do Entroido como festa
tradicional en Galicia, e un dos obxectivos son as receitas, ademais son
actividades moi motivadoras e significativas para os nenos/as pois traballas en
equipo, tendo en conta os pasos da receita, os ingredientes, as cantidades e
medidas, lectoescritura etc. Por suposto!s como última fase a degustación,
que sempre as cousas feitas por un mesmo saben moito mellor.

ENCONTRO DE CHOQUEIROS:
Unha das costumes do Entroido son os disfraces dos choqueiros, para achegarnos e familiarizarnos coas tradicións xa dende as idades máis pequenas e propiciar momentos de encontro con outras idades (máis maiores e máis pequenos) onde os neons/as poidan aprender a convivir e compartir estos momentos.

ENCONTRO DE DISFRACES DE CASA:
Este encontro faise a volta das vacacions de entroido, asi os nenos e nenas
poden despedirse no cole da festa de entroido cos disfraces que usaron ese
ano, trátase de facer un último encontro todos/as as de infantil. Deste encontro é a foto que adxuntamos.

DECORACIÓN XERAL DA FESTA DE ENTROIDO:


Todos os anos, os pais, os profesores e os alumnos xúntanse unha tarde para decorar o centro, de acordo coa temática "Que Somos", e pensando no día da festa. O centro convértese así en... nos países do mundo e os seus animais!!! (este ano).

2/14/2007

LIBRO GRANDE

Seguindo a temática anual do centro cada aula elabora unha páxina do que chamamos “Libro grande”. Este curso en cada unha das páxinas do libro daremos información sobre un país ou das diferentes especies de animais que os habitan.

En breve agardamos poder subir algunha imaxe para que os que non teñades a oportunidade de visitarnos poidades compartir con nós o grande libro de "O Que Somos".

FESTA DOS CHOQUEIROS


Como cada ano, abrimos a celebración do Entroido no noso Centro coa popular festa de choqueiros. É esta unha festa tradicional consistente en ataviarse con roupa vella ou desigualmente combinada de maneira que o noso aspecto quede ridículo ou extravagante. Consiste en rirse primeiro dun mesmo e logo cos demais.

2/05/2007

CRONOGRAMA


Este é o cronograma de actividades de Entroido. Pincha enriba ou descarga a imaxe para velo con máis detalle.