3/06/2007

FESTA DE ENTROIDO DE INFANTIL

O venres 16 as 10:00 da maña tivemos ocasión de asistir a festa dos nenos e nenas da etapa de infantil. Este ano co proxecto dos países do mundo eles decidiron ser os animais do mundo e relacionaron cada animal de cada aula cun pais das aulas dos maiores.

En concreto os nenos de 2 anos son as bolboretas do Brasil, os de 3 anos as tartarugas de Tuvalú, os de 4 anos as xirafas de Etiopía e os de 5 anos os canguros de Australia.

A festa estivo guiada polo galo Valentín que nunca estivera nun Entroido e nunca se disfrazara co que decidiu irse de viaxe polo mundo visitando os países que somos e nesa viaxe atopouse cos animais das aulas de infantil. Estes animais ao longo da festa lle ían regalando unha cousiña para o seu disfrace: as bolboretas lle agasallaron cunhas alas moi fermosas, as tartarugas cunha cuncha moi dura, as xirafas cunhas manchiñas de cores e os canguros cun rabo.

Ademais destes agasallos cada aula preparou a súa canción relacionada co animal que eran e a cantaron e representaron moi ben.

Ao finalizar a festa todos bailamos xuntos cancións de Entroido e comemos rosquillas e orellas.


3/05/2007

FESTA DE ENTROIDO EN ETAPA PRIMARIA




Todo comezou coas presentacións de catro holandeses. En primeiro lugar presentáronnos a Italia que nos deleitou cun video do máis divertido.

A continuación chegou Etiopía que fixo unhas adiviñas sobre os países aos que pertence cada clase.
Tuvalú protagonizou unha historia con teatro de sombras que nos paralizou coa súa orixinalidade.
En Australia vimos de todo dende bailes ata representacións teatrais que deixou a todo o público asombrado.

Chegou México cos seus mariachis e as súas rancheiras, deixando picante ao público cos manxares típicos.

Para remediar iso Brasil ensinounos uns videos cos problemas Amazónicos. Xapón chega e con el o teatro bugaku. Un musical sobre a maldade das guerras.

Por fin chegou a comilona, coa comida e bebida de todos os anos.