2/26/2008

EXPOSICIÓN CAMBIO CLIMÁTICO


Durante 15 días, entre o 22 de febreiro e o 6 de marzo, teremos no corredor do segundo andar, a exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción", centrada no cambio climático.


A exposición está organizada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria eDivulgación Ambiental de Galicia) e o Inega (Instituo Enerxético deGalicia), en colaboración con distintas Consellerías e o Ministerio de MedioAmbiente.

Consta de 19 paneis nos que se repasan as causas e consecuencias do cambioclimático e as respostas que podemos dar para facerlle frente. Estaexposición itinerante percorre distintas entidades como centros de ensio,concellos, etc.

Achegándote a ela poderás enterarte de cousas tan curiosas ou preocupantes como que "o quentamento global provoca preto de 160.000 mortes cada ano", que "o océano Ártico pode quedarse sen xeo en 2030" ou que "os EstadosUnidos producen a terceira parte das emisións mundiais de CO2".

Neste enderezo web podes atopar máis información sobre a exposición, perotamén poderás baixarte os paneis, un trítico e unha unidade didáctica: http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/exposicions/exposicions-emprestito.html?q=node/500

E se aínda tes máis curiosidade: http://climantica.org/roller/

2/25/2008

ACTIVIDADES DE INFANTIL

Falamos das actividades de infantil con Verónica, profesora da aula de 5 anos.

P- Que actividades relacionadas co cambio climático fixestes en infantil?
R- Prantar árbores, facer debuxos dos distintos tipos de árbores; fomos a un viveiro ver distintos tipos de árbores e prantas, recollimos follas e tamén xogamos con elas a calcalas e xogos similares. Na aula temos varias árbores que nós mesmos coidamos e despois prantaremos no xardín.

P- ¿De que maneira participan os nenos nas actividades?
R- Os nenos e nenas participaron en todas, eu explicáballes como facer e eles pouco a pouco ían facendo. Para a súa idade, quedou moi ben.

Imaxe: saída ao monte.

EXPERIMENTO CON XEO NUNHA BAÑEIRA












CONSISTIU EN:

O experimento é o seguinte: foi sobre o cambio climático. Nunha bañeira, os nenos/as puxeron uns cubos grandes de xeo simulando o Polo Norte e o Polo Sur. Cun secador déronlle calor e viron como subía o nivel da auga da bañeira (coma se forse o mar) e como se fundían os cubiños de xeo (coma se fosen os polos).

MATERIAIS:

Para este experimento os nenos/as empregaron unha bañeira pequena, uns cubiños de xeo, auga (na bañeira), un secador e plastilina.

LUGAR:

Na aula de 3º EPO, segundo eles mesmos nos confirmaron.

EXPERIMENTO DE COCIÑA SOLAR EN 3º E 4º DE EPO








A IDEA:

A idea de facer a cociña solar e cociñar palomitas nela foi do pai de Rosalía, unha nena de 3º de EPO.

OS MATERIAIS:

Para facer unha cociña solar fan falla unhas placas metálicas e unha antena parabólica, que concentran os raios solares. Para facer un forno, precisarase unha caixa con cámara de aire forrada con papel de aluminio, un cristal e unhas bandexas de forno negras.

PLANIFICACIÓN:

Os nenos/as de 3º e 4º planearon estes experimentos con tempo bastante: tiveron que mirar no telediario o día correcto, para saber cando ía facer sol.

TEMPO:

Estiveron ¡3 horas! cociñando. Na cociña solar fixeron palomitas e, no forno solar, mazás asadas.

PARTICIPACIÓN:

Neste experimento, participaron sobre todo 3º e 4º de primaria. Os demais estiveron invitados a ver e a probar, incluindo secundaria!!