3/28/2008

FESTA DE ENTROIDO DE PRIMARIA

Ó principio, os de 4º da E.P.O. fixeron a presentación da festa, os de 6º expuxeron os efectos do cambio climático, despois os de 1º fixeron a obra "Martiño e o mar", para expoñernos o grave problema que está sufrindo o mar, despois tiveron que adiviñar as adiviñas de 2º da E.P.O. sobre a reciclaxe, a continuación os de 3º da E.PO. fixeron unha obra titulada "HELP" para que a xente vira o que lle está a pasar á Terra.
A continuación, os de 4º da E.P.O. fixeron unha representación onde lembran cómo hai que reciclar. Os de 5º fixeron unha obra musical con instrumentos feitos con obxectos reciclados titulada "Música de refugallo". Despois, algúns da E.S.O. foron a facer uns experimentos, estiveron case dúas horas na aula de 2º de infantil. Ó final non deu tempo a facer todos os experimentos previstos pero á xente lles gustaron os que se fixeron.
Por último comezamos a recoller para demostrar o aprendido nas actuacións.