5/21/2010

Proxecto "Somos" curso 10-11

Os rapaces e rapazas de 5º EPO xa elixiron os tres temas para as votacións do noso proxecto. Son as seguintes:
-"Cómics e superheroes".
-"Xogos e xoguetes".
-"Programas de televisión".

Os tres temas van a ser moi votados, posto que son de moita vantaxe. Pero foi longo o camiño para chegar a este resultado:

Primeiro, os alumnos de 5ºEPO, fixeron un historial dos temas que xa fora o colexio.

Posteriormente estableceron os criterios para escoller ou propoñer diferentes temas: que foran axeitados e significativos para tódalas idades, que dera lugar a subtemáticas, ...

Despois, fixeron unha chuvia de ideas cos diferentes temas e os xuntaron para facer bloques máis grandes.

Finalmente, cunha votación democrática, e dicir, primeiro descartando de un e un e logo escollendo de un en un, chegamos a eses tres grandes e interesantísimos temas.

E agora, tócalle a tódolos alumnos e alumnas, "profes" e "profas", elixir co seu voto aquel que nos representará durante o próximo curso escolar.

Moita sorte a tódolos temas e que gane o mellor!
file://Servidor-aula/aulas/1eso/Proxecto%20Interdisciplinar%20Somos/Este%20ano%20xa%20que%20somos%20comidas%20fixemos%20unha%20degustaci%F3n%20todos%20os%20cursos.doc