12/09/2010

Este ano cada un Somos...

Coma tódolos anos iniciamos o curso escolar escollendo cada aula o "Que Somos".
Na etapa de infantil centrár
onse nos xogos tradicionais.
  • Os máis pequerrechos, 3 anos, son os birlos. Competiron contra o xogo das ras.
  • O seguinte nivel, 4 anos, son os zancos. Competiron contra o xogo das canicas.
  • No nivel de 5 anos, son o xogo da mazá, este xogo trata de coller a mazá coa boca dentro dun caldeiro de auga.
    Competiron contra o xogo dos sacos e co do pano.


    Na etapa de primaria dividiron as clases de xogos por ciclos.
  1. O 1º ciclo de primaria teñen que escoller entre os xogos de mesa.

    * 1º de primaria son o tragabolas. Competiron contra o xogo da serpe, o lego, o dominó...
    * 2º de primaria son o, quen é quen?
    Escollérono porque no Entroido podíanse disfrazar de persoaxes do xogo.

  2. O 2º ciclo de primaria, entre xogos dramaticais e musicais.

    * 3º de primaria son o party. Parécelles un xogo divertido.
    * 4º de primaria son o twister moves. Escolleron entre xogos musicais.
  3. O 3º ciclo de primaria, escolleron entre xogos extratéxicos.

    * 5º de primaria
    son o cubo de rubik. Case saben facelo enteiro, avanzaron gratamente na súa composición. Estivo moi reñido entre o cubo de rubik e o axedrez. Gústalle a maior parte da clase e todos os días practican un pouco.
    * 6º de primaria son o Risk. Porque parecélles divertido.


    En Secundaria escolléronse os xogos seguindo estas pautas.

    . Escolleron entre os xogos de azar gañando o Póker.
    Competiu contra a lotería, os dados, a ruleta...

    2º e 3º. Escolleron entre os xogos electrónicos.
    * En segundo son o Tetris, pois palabras textuais dunha alumna: "É retro e mola".
    * En terceiro, Pac-Man, gañou por votación.

    . Escolleron entre os xogos científicos.
    Son o lego.

    E isto é todo o que temos; no seguinte trimestre, máis información...