10/30/2013

SOMOS A MÚSICA

Neste curso 2013-14 a temática xeral que estamos a traballar en Andaina é a "música". Xa rematando o mes de outubro e despois dun longo traballo, atopámono a piques de saber o nome de cada aula do centro.
En breve atoparedes información no blog.
 

10/10/2013

Agricultura

-A agricultura, é o conxunto de técnicas e coñecementos para cultivala terra. Nela englóbanse os diferentes traballos de tratamentos do chan e dos cultivos de vexetais. Que son moi importantes para ter vitaminas. Comprende todo un conxunto primario de accións humanas que transforma o medio ambiente natural co fin de facelo máis apto para o crecemento das sembraduras.


É unha actividade de gran importancia estratéxica coma a base fundamental para o desenrolo autosuficiente e riqueza das nacións.

Ana Caballero