Despois de pescudar encontramos os temas que se elixiron a partires do ano 94/95 e algunhas subtematicas.
Ano 94/95 --> Os Oficios
Deste ano non hai fotos, pero sabemos algunhas subtematicas: policías, panadeiros, músicos, bombeiros...
Ano 95/96 --> Os Animais
Deste ano tampouco hai fotos coma no caso anterior, pero temos algunhas subtemáticas: elefantes, monos, exploradores, leóns...
Ano 96/97 --> O Universo
Deste ano hai fotos xerais das subtemáticas: extraterrestres, arco da vella, estreliñas, lúas, nubes e soles.



Ano 97/98 --> A Auga
Hai algunhas fotos e sábense tódalas subtemáticas: a Praia, as gotas, o río, as fontes, a piscina, a charca, o mar.
98/99 --> Os deportes
Este ano fomos os deportes (este ano tamén podemos ser os deportes -.-). El Ideal fixo unha noticia que ven sobre estas lineas.

As subtematicas foron: tenistas, atletas, patinadores, montañeiros, ciclistas, xinetes.
99/00 --> A Coruña
Deste ano non hai moita informacion.
Subtemáticas: a torre de hercules, aquarium.
------------------------------------------------------------------------------------------------
CAMBIAMOS DE COLE
------------------------------------------------------------------------------------------------
00/01 --> O Circo
Cambiamos de cole e o estreamos un circo.
Había poucas clases e poucas subtemáticas: trapecistas, equilibristas, paiasos, magos.
Ano 01/02 --> A Fraga
Deste ano hai tamén poucas subtemáticas e poucas clases: o río, as fadas, os gnomos, os trasnos e os animais.
Ano 02/03 --> O Castelo
Este é ano do que temos máis fotos, traballamos moito.
Subtemáticas: magos, bufóns, ferreiros, arqueiros, cabaleiros.
Ano 03/04 --> Os debuxos animados
Todas as clases disfrazáronse de series de debuxos animados como: Pokémon, la banda del patio, a sereíña, os pitufos...
Ano 04/05 --> As olimpiadas
Non hai fotos pero sabemos tódalas subtemáticas: xoquei sobre herba, voleibol, tenis, triatlon, baloncesto, esgrima, equitación, natación e patinadores.
Ano 05/06 --> Ciencia ficcion
A xente encarnou personaxes das películas máis famosas de ciencia ficcion: regreso ao futuro, a volta ao mundo en 80 días, Star wars, futurama, X Men, 20.000 leguas de viaxe submarino.
Que seremos este ano? e o próximo? Ata outra edicion de "A historia do proxecto que somos".
4 comentarios:
A paxina esta xenial,¡¡¡¡¡¡¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!!!!!!!!
A paxina e moi interesante e guai.
De sara e rus 5 E.P.O.
Grazas polo voso comentario e esperamos que os demais post que colguemos vos gusten.
Mateo de 2 da ESO
PA VER, REPORTEIROS, ¿QUEREDES IMITAR A TINTÍN OU QUE? COMO SIGADES ASÍ ÍDESLLE QUITAR O POSTO.
¡¡¡¡¡¡¡QUEDOUBOS MOI GUAI!!!!!!!!!!
PA VER, REPORTEIROS, ¿QUEREDES IMITAR A TINTÍN OU QUE? COMO SIGADES ASÍ ÍDESLLE QUITAR O POSTO.
¡¡¡¡¡¡¡QUEDOUBOS MOI GUAI!!!!!!!!!!
Publicar un comentario