
Durante 15 días, entre o 22 de febreiro e o 6 de marzo, teremos no corredor do segundo andar, a exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción", centrada no cambio climático.
A exposición está organizada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria eDivulgación Ambiental de Galicia) e o Inega (Instituo Enerxético deGalicia), en colaboración con distintas Consellerías e o Ministerio de MedioAmbiente.
Consta de 19 paneis nos que se repasan as causas e consecuencias do cambioclimático e as respostas que podemos dar para facerlle frente. Estaexposición itinerante percorre distintas entidades como centros de ensio,concellos, etc.
Achegándote a ela poderás enterarte de cousas tan curiosas ou preocupantes como que "o quentamento global provoca preto de 160.000 mortes cada ano", que "o océano Ártico pode quedarse sen xeo en 2030" ou que "os EstadosUnidos producen a terceira parte das emisións mundiais de CO2".
Neste enderezo web podes atopar máis información sobre a exposición, perotamén poderás baixarte os paneis, un trítico e unha unidade didáctica: http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/exposicions/exposicions-emprestito.html?q=node/500
E se aínda tes máis curiosidade: http://climantica.org/roller/
4 comentarios:
Hallo!
Saúdos dende terras alemanas. parabens polo blog. esta moi chulo, o como de di por aqui, sehr schön!!
R.
Noraboa pola iniciativa do blog, e pola temática tan actual nestes días.
Saudos a Cris ;-)
Finalmente a exposición retirouse o venres día 29 de febreiro. Que mágoa que fose tan pouco tempo! Case non nos deu tempo a mirala con detalle. Aínda así sacamos algunhas cousas en claro. Sabíades que os Estados Unidos son os responsables do 30 % das emisións de CO2 de todo o mundo? E precisamente eles non asinaron o protocolo de Kyoto. Como se lle chama a iso? Falta de solidariedade?
Noraboa polo blog.
moi ben moi ben jaja
no, en serio esta bastante ben a ver se nos o facemos tan ben
Publicar un comentario