11/03/2008

1 E.S.O: Pericles: democrata Griego.

Entraron en la votacion:Julio Cesar,Alejandro Magno,Caio Mario e Pericles.

2 E.S.O:Leonidas:Emperador de Esparta.

Entraron en votacion:Aristoteles, Platon,Julio Cesar,Arquimedes e Socrates.

3 E.S.O: Helena Rosbellt:Muller do presidente Rosbellt

Entraron en votacion: Martin Luther King,Che Guebara e R.Menchu.

4 E.S.O:Claudio:Emperador de Roma.

Entraron en votacion: Franco,Zapatero,Almadinejat(presidente Irani) e Al gore.

Que son...1º, 2º e 3º de primaria

Ola!

Somos nos de novo. Imos a contarvos o que son as aulas de 1º, 2º e 3º de EPO.

Primeiro fumos a 1º a preguntarlles algunhas cousas, como quen eran, que investigaron ou que personaxes entraron na votación definitiva e eles contáronnos que:

Son Anne Bonny, una pirata irlandesa do século XVIII. Descubrirona mediante Internet e os libros de Piratería que atoparon.

As personaxes que entraron na votación definitiva foron os seguintes piratas: Barbanegra, Benito de Soto e Anne Bonny.

Os de 2º contestaron as nosas preguntas coa seguinte información:
Eles elexiron a un corsario chamado Juan Antonio Gago de Mendoza.
Investigaron sobre barcos de vela, corsarios, Internet...etc.
Os personaxes que entraron na votación foron Juan Gago, Francis Gray e Juana de Belleville.
Juan Gago foi un corsario galego que loitou contra os ingleses que viñan a invadir.

En 3º son o home de cromagnon, do que investigron vendo películas, lendo e en Internet.
Os personaxes que entraron na votación foron o Astralopithecus, os Neandertais, Homo erectus e o Home de Cromagnon, que foi un dos nosos antepasados. Dos primeiros que recolectaban, cazaban e se vestían. Tamén facían presas e usaban o lume e o arado. Foron os primeiros ganadeiros


E esta é toda a información que conseguimos.
Bicos e adeus.

10/13/2008

Visitade a páxina de historia!!!!!

Ola!! somos os nenos e nenas do grupo de 1 eso a páxina web www.historiang.com. É unha páxina completa e sinxela de entender, útil para o tema que estamos dando.
É unha páxina web de national geographic polo tanto é fiable. Ademais non é moy densa e é facil de entender.
O único que lle pasa e que poden faltar algun persoaxe,xa que o tema que trata é sobre todo das civilizacions antigas.

Deicalogo!!!!

Comentario

Hola somos o grupo nº4 de 1ºeso.Estivemos analizando a seguinte páxina:www.biografiasyvidas.com. Atoparedes informacion sobre biografias e vidas dos persoaxes históricos que vos interesen.Contén imaxes relacionadas co persoaxe e época que busques. Eso si a páxina está en castelán.Recomendámosvos a biografía de Xulio César, xa que é un personaxe que nos parece interesante, e ademáis está ben expresado o que nos axudaría a estudar mellor.

10/07/2008

Presentación grupo 3 / Curso 2008-2009

Hola, somos os alumnos de 1º de ESO, o grupo 3 e queremos contarvos que visitedes unhas páxinas en internet sobre personaxes históricas:

www.artehistoria.com
www.biografíasyvidas.com
www.historiang.com

En artehistoria encontraredes a arte e a historia do noso mundo.
En biografíasyvidas atoparedes as biografías de persoaxes famosas.
En historiang tedes a historia do mundo.

5/14/2008

SOMOS PERSONAXES HISTÓRICOS!!!!!!!!!

Pintura: 42 votos.

Escritura: 16 votos.


Personaxes históricos: 125 votos.



Acta da votación:




5/12/2008

TEMAS "QUE SOMOS" 2009

Hoxe, o día Luns 12 de maio de 2008 comezan as votacións para elixir o que seremos no proxecto "Que somos" no ano seguinte (2009).
Os temas entre os que podemos elixir son estes:

·ESCRITURA E ESCRITORES.

·PINTURA.

·PERSONAXES HISTÓRICOS.


...cal será o vencedor?

5/08/2008

VOTACIÓN PROXECTO "O QUE SOMOS" CURSO 08/09

Luns 12 do 05 de 2008.


- PERSONAXES HISTÓRICOS.

- PINTORES.

- ESCRITORES.



9:45-10:00 horas: 6º E.P.O.

10:00-10:15 horas: 3º E.P.O.

10:15-10:25 horas: 1º E.S.O.

10:25-10:35 horas: 2º E.S.O.

10:35-10:45 horas: 3º E.S.O.

11:20-11:35 horas: 4º E.P.O.

11:35-11.50 horas: 5º E.P.O.

11:50-12:05 horas: 1º E.P.O.

12:05-12:20 horas: 2º E.P.O.

4/18/2008

DATOS DE ELECCIÓNS DO PROXECTO "QUE SOMOS". CURSO 08/09

Cadro de reparto de funcións e tarefas

PRIMEIRO CICLO EPO

SEGUNDO CICLO EPO

TERCEIRO CICLO EPO

`PRIMEIRO – SEGUNDO DE ESO

APARTADO

Votacións

Preparación de temas de votacións 3º e 4º

Fan despedida de temas de ano anterior e anuncian este

Proposta de temática xeral

Proposta de 3 temas sobre tres ámbitos.

Xestión de webblog

Revisión do proceso de elección.

TAREFAS

1º e 2º Preparar espacio de votación e papeletas- furna

Calendario de votación

Censo electoral

Preparar paneis de temas a votar con recortes e debuxos

Reconto de votos

3º e 4º Elaboración de mapa conceptual sobre cada un dos temas a votar para expoñer e posterior votación

Debate e elaboracion de propostas sobre o tema. Solicitude de axuda aos de 1º de ESO:

Calendario proposto

En titoría o alumnado de 5º comeza a traballar o tema reciben documento coas pautas de traballo e criterios

Envían a 1º ESO documento resumo ou anunciativo sobre o tema. 1º ESO colga no blog. Envían mail invitando á lectura do blog.

TODAS AS AULAS EMPEZAN A DEBATER OS TRES TEMAS.- EPO E ESO

AS AULAS DE 1º E 2º CICLO DE EPO PREPARAN PANEIS EXPOSITIVOS.

1º CICLO DE EPO XESTIONA PARA A VOTACIÓN- 1º ESO REVISA PROCESO

TODAS AS AULAS EMPEZAN A DEBATER OS TRES TEMAS.- EPO E ESO

AS AULAS DE 1º E 2º CICLO DE EPO PREPARAN PANEIS EXPOSITIVOS.

1º CICLO DE EPO XESTIONA PARA A VOTACIÓN- 1º ESO REVISA PROCESO

TODAS AS AULAS EMPEZAN A DEBATER OS TRES TEMAS.- EPO E ESO

AS AULAS DE 1º E 2º CICLO DE EPO PREPARAN PANEIS EXPOSITIVOS.

1º CICLO DE EPO XESTIONA PARA A VOTACIÓN- 1º ESO REVISA PROCESO

De luns a venres realízanse mitins, propaganda...

PUBLICACION DE RESULTADOS 13 DE MAIO

Criterios de elección do tema

Temáticas non repetidas recentemente.

-Tantas subtemáticas como aulas.

-Significatividade para todas as idades.

Histórico:

-C.00/01: O circo. OCIO TEMPO LIBRE –

-C.01/02: A fraga. NATUREZA

-C.02/03: O castelo. HISTORIA E SOCIEDADE

-C.03/04: Debuxos animados. OCIO E TEMPO LIBRE – FANTASIA

-C.04/05: Deportes. OCIO E TEMPO LIBRE

-C.05/06: C. Ficción. OCIO E TEMPO LIBRE

-C.06/07: Países do mundo. XEOGRAFIA

-C.07/08: O cambio climático. NATUREZA

Ámbitos non traballados

LITERATURA para os de infantil serían os contos.

ARTE Pintura, escultura, arquitectura Para os de infantil poderían ser

PROXECTO "QUE SOMOS"

¡Xa estamos inmersos no proceso de elección do proxectoi "Que Somos" para o curso 08/09!!
A continuación presentarémosvos algúns datos..

4/04/2008

PLANTACIÓN


Os alumnos de infantil do Colexio Andaina fixeron unha plantación de árbores o 23 de febreiro en Veigue. Esta actividade formaba parte do proxecto Voz Natura. Os participantes pasaron a tarde realizando esta actividade nunha finca especialmente acondicionada por un pai do centro.

Aprenderon os pasos necesarios para poder plantar de xeito correcto, como por exemplo a forma de situalo correctamente e o rego que precisa unha vez plantado.

Este sábado 5 de abril os alumnos de primaria levarán a cabo a mesma actividade.

FESTA ENTROIDO SECUNDARIA

Isto foi o que fixo a E.S.O. na festa de entroido:
  • Primeiro foi o da música. Para a festa pedímoslle o CD a Martín. Os de 2º fixeron un concurso de postres para toda a E.S.O. Os de terceiro (Jessica e Laura Rey) fixeron a presentación da festa.

  • Para decorar, realizamos pancartas en contra do cambio climático o xoves anterior á festa, pola tarde.

  • Pola mañá, todos os de 1º estiveron en informática ata que nos disfrazamos.

  • Na festa, primeiro viñeron os de 5º de Primaria a facer unha actuación, despois fixemos os experimentos que prepararamos con Rober.

  • Ó final, houbo o concurso de postres. O xurado eran: Ángel (1º), Bea (2º), Mateo (3º) e Celia (ex-profesora do colexio).

  • Pola tarde fixemos uns experimentos na festa de primaria.

3/28/2008

FESTA DE ENTROIDO DE PRIMARIA

Ó principio, os de 4º da E.P.O. fixeron a presentación da festa, os de 6º expuxeron os efectos do cambio climático, despois os de 1º fixeron a obra "Martiño e o mar", para expoñernos o grave problema que está sufrindo o mar, despois tiveron que adiviñar as adiviñas de 2º da E.P.O. sobre a reciclaxe, a continuación os de 3º da E.PO. fixeron unha obra titulada "HELP" para que a xente vira o que lle está a pasar á Terra.
A continuación, os de 4º da E.P.O. fixeron unha representación onde lembran cómo hai que reciclar. Os de 5º fixeron unha obra musical con instrumentos feitos con obxectos reciclados titulada "Música de refugallo". Despois, algúns da E.S.O. foron a facer uns experimentos, estiveron case dúas horas na aula de 2º de infantil. Ó final non deu tempo a facer todos os experimentos previstos pero á xente lles gustaron os que se fixeron.
Por último comezamos a recoller para demostrar o aprendido nas actuacións.

2/26/2008

EXPOSICIÓN CAMBIO CLIMÁTICO


Durante 15 días, entre o 22 de febreiro e o 6 de marzo, teremos no corredor do segundo andar, a exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción", centrada no cambio climático.


A exposición está organizada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria eDivulgación Ambiental de Galicia) e o Inega (Instituo Enerxético deGalicia), en colaboración con distintas Consellerías e o Ministerio de MedioAmbiente.

Consta de 19 paneis nos que se repasan as causas e consecuencias do cambioclimático e as respostas que podemos dar para facerlle frente. Estaexposición itinerante percorre distintas entidades como centros de ensio,concellos, etc.

Achegándote a ela poderás enterarte de cousas tan curiosas ou preocupantes como que "o quentamento global provoca preto de 160.000 mortes cada ano", que "o océano Ártico pode quedarse sen xeo en 2030" ou que "os EstadosUnidos producen a terceira parte das emisións mundiais de CO2".

Neste enderezo web podes atopar máis información sobre a exposición, perotamén poderás baixarte os paneis, un trítico e unha unidade didáctica: http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/exposicions/exposicions-emprestito.html?q=node/500

E se aínda tes máis curiosidade: http://climantica.org/roller/

2/25/2008

ACTIVIDADES DE INFANTIL

Falamos das actividades de infantil con Verónica, profesora da aula de 5 anos.

P- Que actividades relacionadas co cambio climático fixestes en infantil?
R- Prantar árbores, facer debuxos dos distintos tipos de árbores; fomos a un viveiro ver distintos tipos de árbores e prantas, recollimos follas e tamén xogamos con elas a calcalas e xogos similares. Na aula temos varias árbores que nós mesmos coidamos e despois prantaremos no xardín.

P- ¿De que maneira participan os nenos nas actividades?
R- Os nenos e nenas participaron en todas, eu explicáballes como facer e eles pouco a pouco ían facendo. Para a súa idade, quedou moi ben.

Imaxe: saída ao monte.

EXPERIMENTO CON XEO NUNHA BAÑEIRA












CONSISTIU EN:

O experimento é o seguinte: foi sobre o cambio climático. Nunha bañeira, os nenos/as puxeron uns cubos grandes de xeo simulando o Polo Norte e o Polo Sur. Cun secador déronlle calor e viron como subía o nivel da auga da bañeira (coma se forse o mar) e como se fundían os cubiños de xeo (coma se fosen os polos).

MATERIAIS:

Para este experimento os nenos/as empregaron unha bañeira pequena, uns cubiños de xeo, auga (na bañeira), un secador e plastilina.

LUGAR:

Na aula de 3º EPO, segundo eles mesmos nos confirmaron.

EXPERIMENTO DE COCIÑA SOLAR EN 3º E 4º DE EPO








A IDEA:

A idea de facer a cociña solar e cociñar palomitas nela foi do pai de Rosalía, unha nena de 3º de EPO.

OS MATERIAIS:

Para facer unha cociña solar fan falla unhas placas metálicas e unha antena parabólica, que concentran os raios solares. Para facer un forno, precisarase unha caixa con cámara de aire forrada con papel de aluminio, un cristal e unhas bandexas de forno negras.

PLANIFICACIÓN:

Os nenos/as de 3º e 4º planearon estes experimentos con tempo bastante: tiveron que mirar no telediario o día correcto, para saber cando ía facer sol.

TEMPO:

Estiveron ¡3 horas! cociñando. Na cociña solar fixeron palomitas e, no forno solar, mazás asadas.

PARTICIPACIÓN:

Neste experimento, participaron sobre todo 3º e 4º de primaria. Os demais estiveron invitados a ver e a probar, incluindo secundaria!!