Isto foi o que fixo a E.S.O. na festa de entroido:
- Primeiro foi o da música. Para a festa pedímoslle o CD a Martín. Os de 2º fixeron un concurso de postres para toda a E.S.O. Os de terceiro (Jessica e Laura Rey) fixeron a presentación da festa.
- Para decorar, realizamos pancartas en contra do cambio climático o xoves anterior á festa, pola tarde.
- Pola mañá, todos os de 1º estiveron en informática ata que nos disfrazamos.
- Na festa, primeiro viñeron os de 5º de Primaria a facer unha actuación, despois fixemos os experimentos que prepararamos con Rober.
- Ó final, houbo o concurso de postres. O xurado eran: Ángel (1º), Bea (2º), Mateo (3º) e Celia (ex-profesora do colexio).
- Pola tarde fixemos uns experimentos na festa de primaria.
1 comentario:
moi bonitas as pancartas (sobretodo a miñaa...),e os postres estaban moi bos,aínda que os do xurado nos deixaran tan pouco postre a demais xente.
pep@nónima
Publicar un comentario