
Os alumnos de infantil do Colexio Andaina fixeron unha plantación de árbores o 23 de febreiro en Veigue. Esta actividade formaba parte do proxecto Voz Natura. Os participantes pasaron a tarde realizando esta actividade nunha finca especialmente acondicionada por un pai do centro.
Aprenderon os pasos necesarios para poder plantar de xeito correcto, como por exemplo a forma de situalo correctamente e o rego que precisa unha vez plantado.
Este sábado 5 de abril os alumnos de primaria levarán a cabo a mesma actividade.
1 comentario:
Unha chea de traballo, pero como sempre merecerá a pena!
Publicar un comentario