
As testemuñas xeralmente indican características similares:unha gran criatura bípeda, normalmente dunha altura de 1,83m a 2,13m de aproximadamente 160 kg con amplios hombreiros e estructura robusta. A cabeza é pequena, puntiaguda e baixa; en ocasións, fálase dunha cresta na parte superior do cráneo. Os ollos descríbense xeralmente como pequenos e ocultos baixo unha frente pronunciada. A excepción da cara, mans e pés, unha fina capa de pelo cobre o seu corpo, de cor normalmente marrón ou negra, aínda que tende a ser avermellado, areísco ou con brillos prateados.
As enormes pegadas, similares a un pé humano, déronlle o seu nome. O ecoloxista Robert Michael Pyle descríbeas así: “As pegadas normalmente miden de 38 a 45 cm de longo. Teñen cinco dedos, un músculo doble e un arcode 18 ou 21cm de ancho. Asóciaselle un desagradable e forte cheiro, que se asemella ao das feces, ao alcantarillado ou de sudor de humano”.
Os sons que emite descríbense como similares a agudos laios ou asubíos; ten un roñar grave igual que o Yeti, polo que algúns criptozoólogos sosteñen que podería ser unha especie emparentada co Yeti, que pode ser que chegara a América a través do estreito de Bering durante a última glaciación, tal e como fixeron os antecesores dos pobos amerindios e diversas espacies de animais. Tamén existen crenzas de que podería estar relacionado coa mítica criatura chamada Wendigo.
Violeta Chouciño - 1º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario