10/18/2011

MELTI IPA JALA


Segundo unha lenda da baixa California, Melti Ipa Jala , que era un deus, chegou ao sur do territorio kiliwa en forma de toupa.


Cando chegou quitouse a pel para así envolver a terra, a auga, o vento e o lume. Cando comezaron a crearse os océanos Melti formou catro montañas para que sosteñan o mundo.

Na cima colocou un berce para cada un dos seus fillos.


Por ultimo coa axuda do deus coiote creou aos seres humanos e como eran mudos ensinoulles a falar quiliwa . Varias xeracións despois o deus coiote morreu e a ninguén lle importou polo que Melti enfadouse e capturou a escuridade. Os humanos prometeron honralo e así regresou á noite.

Carlos Méndez Gesto - 1º ESO

No hay comentarios: