
O Wendigo (temén coñecido como windigo, windibum o witiko)
é unha criatura ou espirito da mitoloxia dos indios algonquinos. Aparentemente é unha personificación da chamada atávica que os bosques profundos e a naturaleza máis salvaxe provoca nos homes e, na súa faceta máis oscura, un mito para explicar a besta na que se pode convertir un ser humano cando fai caso de dita chamada.
Este mito podería estar relacionado con historias entre os pobos indios acerca de casos de canibalismo para sobrevivir aos dursos invernos destas agrestes zonas do continente.
O Wendingo personifícase como o vento sobre as copas das árbores ou como un espírito, outras como un ser musgoso que habita nas profundidades do bosque, outras como unha terrible criatura metade besta metade home.
O Wendigo “chama” ás súas presas polo seu nome, e cando estas escoitan a sua chamada non poden evitar correr ás profundidades do bosque e perderse para sempre.
O Wendigo maniféstase cando o home come a carne doutro home, supostamente absorbe a sua forza e espírito; esta acción causa no individuo posuido polo Wendigo unha fame que non se pode saciar con nada e o único que quere é comer máis carne humana xa que a fame á súa vez crece e crece ata que o home morre xa que non existe algún exorcismo eficaz contra a posesión dun Wendigo.
As lendas acerca do Wendigo son numerosas, asi nunhas é a personificación dun cazador que se perdeu no bosque e por alimentarse con carne humana foi castigado e transformouse en algo parecido a un zombie, con grandes mans con garras e moi áxil, que se alimenta de carne humana. Noutras di que é un espirito do bosque, corpulento e con pelo branco que se alimenta de musgo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario